Sesións de Comunión

pincha aquí para versión en castellano


O momento de recibir a Primeira Comunión achegase e iso fai que os nenos e as nenas se sintan importantes e maiores.
Coa preadolescencia ás portas vemos esa inquietude por deixar de ser nenos mesturada coa inocencia máis sincera. E iso é o que nos move: retratar a esencia desa idade. Sorrisos pícaros, explosións de alegría, miradas doces e ese punto de adorábel chulería.
O noso traballo é que poidades desfrutar deste recordo toda a vida.

os nosos álbumes

O importante está no interior, si, pero o álbum é un todo dende antes de abrir a caixa que o alberga. Por iso coidamos ao máximo cada detalle.

O exterior: raias, lunares, flores, estrelas, o que ti queiras. Ofrecémosche diferentes posibilidades e asesorámoste para que acertes co deseño.

O interior: deseñamos cada folla con mimo porque queremos que dentro de vinte anos siga a namorarte coma o primeiro día. E ante todo, as fotos ben grandes. O teu fillo/a túa filla é a estrela.

Álbum Chic

Catro posiblidades de deseño de tapa.
Acompañado de caixa kraft con tapa perlada.

Tamaños
25×25 con 10 fotografías 230€
30×30
con 20 fotografías 500€

(IVE incluído)

Álbum Premium

Deseño interior personalizado.
Multitude de posibilidades de deseño de tapas.
Acompañado de caixa de madeira rústica, bolsa de tela ou caixa a xogo co álbum.

Tamaños
25×25 con 10 fotografías 290€
30×30 con 20 fotografías 570€

(IVE incluído)

sesión de 5 fotos

5 fotos en tamaño 15×20 cm. ou 20×20 cm. entregadas en caixa kraft personalizada.
Realizase só en estudio.
100€ IVA incluido.

As sesións poden realizarse en estudio, en exteriores o unha combinación de ambos.
As sesións en exteriores teñen un incremento de 50€.
O número de fotos en cada opción é un número mínimo. Se se queren mais fotografías que esa cantidade cada unha a maiores ten un prezo de 10€.
As fotografías elixidas entréganse tamén en formato dixital en calidade HD no momento de recoller a reportaxe.
Todos os prezos indicados teñen o 21% de IVE incluído.


complementos

Tedes varias opcións para compartir o recordo deste día cos vosos seres queridos e amigos. Aquí volas amosamos.

portadecor

mínimo 4 unidades
10×15 a 12€ ud.
13×18 / 15×15 / 10×20 a 13€ ud.

base madeira

mínimo 4 unidades
10×15 a 12€ ud.
13×18 a 12,50€ ud.
15×20 a 13€ ud.

minilibro

mínimo 4 unidades
12€ ud.

díptico

mínimo 10 unidades
7€ ud.

portafoto

sen número mínimo
diferentes modelos
dende 9€ con foto incluída

marcapáxinas

mínimo 20 unidades
deseño personalizado
1,50€ ud.

Non tardes en reservar a túa cita. Ven polo noso estudio, chámanos por teléfono ou escríbenos por email, WhatsApp ou polas nosas redes sociais.

contacto

Estamos en Avenida de Esteiro, 121-123, baixo, en Ferrol.

Teléfonos 981 931 924 e 634 773 993 (tamén WhatsApp).

O noso correo electrónico é contacto@eiravedrafotografas.com.

Podesnos seguir e contactar en Facebook, Instagram e Twitter.